Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32120

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 240, do 19 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o día 22 de xuño de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio terá lugar o día catorce (14) de xullo de 2017, no salón de actos e nas aulas 1 e 2 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento do cal se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017

Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal