Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32125

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (503/2012).

Neste órgano xudicial tramítase o procedemento ordinario 503/2012, por instancia de Teodoro Fanego Lema, representado pola procuradora Susana Prego Vieito, contra Lage Ramírez, S.L., e, con data do 26 de novembro de 2013, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

En Betanzos, o 26 de novembro de 2013.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, estes autos de xuízo ordinario con número 503/2012, seguidos por instancia de Teodoro Fanego Lema, representado pola procuradora Sra. Domínguez Rodríguez e baixo a dirección letrada do Sr. Diéguez Ares, contra Lage Ramírez, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola representación procesual de Teodoro Fanego Lema contra Lage Ramírez, S.L. e, en consecuencia, declaro resolto o contrato de compravenda sobre o inmoble descrito no fundamento de dereito segundo da presente resolución, celebrado entre ambas as partes o 4 de novembro de 1994, e condeno a Lage Ramírez, S.L. a reintegrar ao demandante a propiedade daquel inmoble; o demandante deberalle devolver á demandada o equivalente en euros a 500.000 pesetas, isto é, 3.005,06 euros.

Notifíqueselles este edicto ás partes e fágaselles saber que contra el cabe recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña. Para iso será necesario que se ingrese na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino».

Co fin de que sirva de notificación en forma a Lage Ramírez, S.L., que se encontra en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino este edicto.

Betanzos, 28 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza