Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2017 Páx. 32126

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 738/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 738/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Reparaciones y Reformas Kesler, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

Ter por desistida a Fundación Laboral de la Construcción da súa demanda fronte a Reparaciones y Reformas Kesler, S.L., en materia de reclamación de cantidade.

– Deixar sen efecto o sinalamento do 5 de xullo de 2017 ás 10.45 horas.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Reparaciones y Reformas Kesler, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza