De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, por este anuncio notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador na orde social.
O texto íntegro da resolución poderase consultar nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, teranse por notificadas as actuacións.
A resolución pon fin á vía administrativa, polo que os interesados poderán impugnalas, ante os xulgados do social, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
Advírteselles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente xefatura territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego