Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Construcciones Louriña, S.A.
Domicilio social: r/ Antonio Palacios, 56 baixo, 36400 O Porriño.
Denominación: LMTS e CT rúa Os Muíños, 13.
Situación: O Porriño.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 de 174 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta existente na LMTS ATI734 polígono Pemos, 2, unha vez que entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 15 kV/400 V, situación na planta baixa do edificio situado na rúa Os Muíños, nº 13, O Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 25 de abril de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra