A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expedientes sancionador XC-00349-I-2017 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 9 de xuño de 2017
César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Expediente Matrícula |
Denunciado DNI/CIF |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
XC-00349-I-2017 2385-GCP |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas. 2.1.2017; 12.15 |
Art. 140.12 LOTT |
Art. 143.1.i) LOTT |
4.001 euros |
XC-00382-O-2017 2333-FZS |
Transportes Hermanos Ecuacaluma, S.L. B45699485 |
Atenuante. A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando. 3.10.2016; 15.39; AP9; 16,3 |
Art. 141.25 en relación co art. 140.35 LOTT |
Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT |
401 euros |
XC-00717-O-2017 0670-DTV |
Trans-Antonio y Zaida, S.L. Unipersonal B04793055 |
A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos. 30.11.2016; 18.39; polígono Río do Pozo; 0,5 |
Art. 140.34 LOTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |
XC-00718-O-2017 0670-DTV |
Trans-Antonio y Zaida, S.L. Unipersonal B04793055 |
A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando. 30.11.2016 18.44; polígono Río do Pozo; 0,5 |
Art. 140.35 LOTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |
XC-01461-O-2017 9556-HHH |
Gonatrans Europa Cargo, S.L. B93380004 |
Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas. 3.3.2017; 18.26; AP9M; 1,2 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-01462-O-2017 9556-HHH |
Gonatrans Europa Cargo, S.L. B93380004 |
Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas. 3.3.2017; 18.29; AP9M; 1,2 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-01582-O-2017 9277-GDR |
Transleire 2013, S.L. B27781921 |
Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas. 20.3.2017; 12.50; N-550; 48,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-01668-O-2017 5634-JKD |
Arias Logística y Transporte, S.L. B27288521 |
A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia atribúanlle a consideración de infracción moi grave. 31.3.2017; 13.15; AP-9M; 1,5 |
Atenuación art. 141.25 LOTT en relación co art. 140.22 LOTT |
Art. 143.1.h) LOTT |
601 euros |