De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, por este anuncio notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador na orde social.
O texto íntegro da resolución poderase consultar nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, teranse por notificadas as actuacións.
A resolución non esgota á vía administrativa e os interesados poderán formular recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, de acordo co establecido nos artigos 121 e 122 da citada Lei 39/2015.
Advírteselle que, de non interpoñer o citado recurso, terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na correspondente xefatura territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo do pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego