Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31545

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (23/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 23/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Lorenzo Martís Santamaría contra a empresa Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A. e Nem. Ord., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Rectifico a sentenza ditada nos presentes autos de procedemento ordinario nº 23/2015, con data do 26 de maio de 2017, no feito probado noveno, que quedará redactado como segue:

“A mercantil Limpiezas Secope, S.A. debe ao demandante, na data de interposición da demanda e de celebración do xuízo oral, as sumas seguintes: diferenzas de salario de xullo de 2014 (13 días) 632,49 euros, incluída a pro rata de extras; mensualidade de agosto de 2014: un total de 1.459,60 euros, incluída a pro rata de extras; mensualidade de setembro de 2014: un total de 1.459,60 euros, incluída a pro rata de extras; 16 días de outubro de 2014: un total de 778,45 euros, incluída a pro rata de extras; 197,69 euros en concepto de diferenzas salariais de convenio e axuda familiar mensual correspondentes aos meses de novembro de 2013 a abril de 2014, co detalle sinalado na táboa do feito terceiro da demanda, que se considera reproducida en prol da brevidade; 12 euros de mellora voluntaria de IT de abril de 2014, 21 euros de mellora voluntaria de IT de maio de 2014, 325 euros de mellora voluntaria de IT de xuño de 2014, e 165 euros de mellora voluntaria de IT de xullo de 2014. Totaliza 5.050,83 euros s.e.u.o. (Vid. as nóminas e o convenio colectivo, ficta confessio e ex artigo 94.2 LRSX e 217 LAC)”.

Permanecerá a sentenza inalterada en todo o demais.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza a que se refire a presente rectificación.

Así o pronuncia, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Admón. de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. e Limpiezas Secope, S.A. e Nem. Ord., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza