Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31543

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SSS 1070/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 1070/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dragados, S.A. contra a empresa Atesvi, S.L., Galibérica de Construcciones, S.L., Davide Pombo Pires, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza

A Coruña, 5 de xuño de 2017

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1070/2014, en que foron parte, dun lado como demandante Dragados, S.A., representada pola procuradora Pilar Castro Rey, asistida pola letrada Raquel Pazos Aller, e como demandados INSS e TXSS, representados pola letrada Natalia Suárez Herva, Atesvi, S.L., representada polo letrado Juan Carlos Ruíz-Dana Coycoa, Galibérica de Construcciones, S.L., que non comparece, e Davide Pombo Pires, que non comparece, sobre recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Dragados, S.A. contra INSS, TXSS, Davide Pombo Pires, Galibérica de Construcciones, S.L. e Atesvi, S.L., polo que absolvo os demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galibérica de Construcciones, S.L. e Davide Pombo Pires, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza