Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (833/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 833/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Bravo Mosquera contra a empresa Daviña División Comercial, S.L., Francisco Javier Díaz-Gálvez de la Cámara, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Que estimando integramente a demanda interposta por Begoña Bravo Mosquera contra o Fondo de Garantía Salarial, Daviña División Comercial, S.L. e Francisco Javier Díaz-Gálvez de la Cámara como administrador concursal de Daviña División Comercial, S.L., debo condenar e condeno o Fogasa a lle aboar á demandante a suma de 806,49 euros en concepto de 40 % da indemnización por despedimento obxectivo máis, de ser o caso, o xuro do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; con absolución de Daviña División Comercial, S.L. e Francisco Javier Díaz-Gálvez de la Cámara, como administrador concursal de Daviña División Comercial, S.L., das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Daviña División Comercial, S.L, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza