Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1028/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1028/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Begoña García Melchor contra a empresa Mami Plus, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Begoña García Melchor contra Mami Plus, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Mami Plus, S.L. a lle aboar á demandante a suma de 2.407,41 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, máis o xuro do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que comportan 2.174,87 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e o xuro do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por fin de contrato (que comporta 232,54 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mami Plus, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza