Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1005/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1005/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Rey Eiras contra a empresa Comercial Electrónica Ricardo, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Miguel Ángel Rey Eiras contra o Fondo de Garantía Salarial e Comercial Electrónica Ricardo, S.L., debo condenar e condeno o Fogasa a lle aboar ao demandante a suma de 9.981,31 euros en concepto do 40 % de indemnización por despedimento obxectivo máis, de ser o caso, o xuro do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, con absolución da mercantil Comercial Electrónica Ricardo, S.L. das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Electrónica Ricardo, S.L, en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza