Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 483/2014).

PO procedemento ordinario 483/2014

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Silvia Lorenzo Calvo

Avogada: María Sol Romeu Salgado

Demandado: Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel)

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 483/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Lorenzo Calvo contra a empresa Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Decido:

Que debo estimar a demanda presentada a instancia de Silvia Lorenzo Calvo, representada e asistida pola letrada Sra. Romeu Salgado, contra a entidade Segaprel, S.L. e, en consecuencia, debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 21.506,94 euros máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a cantidade de 7.115,34 euros (en concepto de salarios) e os xuros do artigo 1.108 do CC, sobre a cantidade de 14.391,60 euros (en concepto de indemnización por despedimento).

Notifíquese ás partes, a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596 clave 65, coa indicación “recurso” no campo do concepto seguido do código “34 Social Suplicación”, demostrándoo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido até a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ao Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza