Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31446

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 895/2013).

PO. Procedemento ordinario 895/2013

Demandante: Diego Peña del Pozo

Avogada: María José Liste López

Demandados: 2 Q Spain, S.L.U., Pulvino Suministros Industriales, S.L., Fogasa, 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Portugal Manutenção Profissional e Enrique Ángel Barros López

Avogado: Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 895/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Peña del Pozo contra a empresa 2 Q Spain, S.L.U., Pulvino Suministros Industriales, S.L., Fogasa, 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Portugal Manutenção Profissional e Enrique Ángel Barros López, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que debo estimar a demanda presentada por instancia de Diego Peña del Pozo contra 2 Q Spain, S.L.U., a administración concursal da anterior (Enrique Barros López), 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A., Pulvino Suministros Industriales, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia constar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a 2Q Spain, S.L.U., 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A. e Pulvino Suministros Industriales, S.L., de forma conxunta e solidaria, a aboarlle ao demandante a suma de 1.010 euros, en concepto de diferenzas retributivas en comisión por vendas dos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2013 máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir da presente resolución, e condeno a Enrique Barros López, na súa condición de administrador concursal de 2Q Spain, S.L.U., a aterse á dita declaración e condena.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación».

Para que sirva de notificación en legal forma a 2Q Spain, S.L.U. e Pulvino Suministros Industriales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza