Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 900/2013).

PO. Procedemento ordinario 900/2013

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Jesús Ramón Casar Tenorio

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: 2 Q Spain, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial, 2 Q Portugal SGPS, Lda., Portugal Manutenção Profissional, S.A. e Pulvino Suministros Industriales, S.L.

Avogados: Rosalía Miragaya Barrientos e Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 900/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Ramón Casar Tenorio contra 2 Q Spain, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial, 2 Q Portugal SGPS, Lda., Portugal Manutenção Profissional, S.A. e Pulvino Suministros Industriales, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 900/2013, sendo parte nel, como demandante, Jesús Ramón Casar Tenorio, asistido pola letrada Sra. Liste López, e, como demandadas, 2 Q Spain, S.L.U., con citación, en calidade de administrador concursal da anterior, de Enrique Barros López; 2 Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A. e Pulvino Suministros Industriales, S.L., que non comparecen malia a súa citación en legal forma, sen comparecencia do Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte:

Resolvo.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Jesús Ramón Casar Tenorio contra 2 Q Spain, S.L.U., respecto da cal foi nomeado administrador concursal Enrique Barros López, e, en consecuencia, condénase a empresa a lle aboar ao demandante a cantidade de 776,75 euros máis o xuro legal por mora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa.

Desestímase a demanda interposta contra 2Q Portugal SGPS, Lda., 2 Q Portugal Manutenção Profissional, S.A. e Pulvino Suministros Industriales, S.L., e absólvense as demandadas dos pedimentos formulados contra elas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a 2Q Spain, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza