Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31493

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Patinaxe

ACORDO do 12 de maio de 2017 pola que se crean ficheiros de datos de carácter persoal da propia federación.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

A entrada en vigor do Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado mediante o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, introduciu, a través dos artigos 53 e 54, algunhas novidades en canto á forma e contido da disposición, destacando a necesidade de especificar o sistema de tratamento do ficheiro, podendo ser automatizado, non automatizado ou parcialmente automatizado.

No exercicio das competencias que teño atribuídas, e co fin de cumprimentar o establecido no artigo 20 da mencionada lei, así como do artigo 52 do Regulamento de desenvolvemento da mesma,

DISPOÑO:

Primeiro. Os ficheiros da Federación Galega de Patinaxe serán os contidos nos anexos deste acordo.

Segundo. Créanse os ficheiros incluídos no anexo deste acordo, en cumprimento do artigo 20 da Lei orgánica 15/1999 e o artigo 54.1 do Regulamento de desenvolvemento.

Terceiro. Os ficheiros que se recollen nos anexos deste acordo, rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen para cada un deles, e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e regulamentarias de superior rango que lles sexan aplicables.

Cuarto. En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de desenvolvemento da Lei 15/1999, os ficheiros serán notificados para a súa inscrición no Rexistro Xeral de Protección de Datos no prazo de trinta días desde a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. O presente acordo entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de maio de 2017

Vicente M. Torres Prada
Presidente da Federación Galega de Patinaxe

ANEXO
Ficheiros de nova creación

Ficheiro: Xestión deportiva.

a) Identificación do ficheiro, indicando a súa denominación, así como a descrición da súa finalidade e usos previstos.

1. Identificación do ficheiro: Xestión deportiva.

2. Finalidade e usos previstos: xestión dos propios federados, tramitación de fichas da Federación e delegacións. Adestradores, técnicos, xuíces e árbitros. Relación e trámites coa federación nacional.

– Recursos humanos: formación de persoal.

– Xestión contable, fiscal é administrativa: xestión económica e contable; xestión fiscal.

– Educación e cultura: deportes.

b) Orixe dos datos, indicando o colectivo de persoas sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a fornecelos, o procedemento de recollida dos datos, e a súa procedencia.

1. Colectivo: federados (solicitantes, pais/titores, asociados ou membros, árbitros, adestradores, mozos, delegados, auxiliares, patrocinadores, comités disciplinarios).

2. Procedencia:

– O propio interesado ou o seu representante legal, entidade privada, outras persoas físicas distintas do afectado ou o seu representante.

– Procedemento de recollida: formularios.

c) Estrutura básica do ficheiro e o sistema de tratamento utilizado na súa organización:

1. Estrutura:

– Datos identificativos: saúde, NIF/DNI, núm. SS/mutualidad, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura, imaxe/voz, cartón sanitario, correo electrónico.

– Outras categorías de carácter persoal:

• Características persoais.

• Circunstancias sociais.

• Académicos e profesionais.

• Económicos, financeiros e de seguros.

• Transaccións de bens e servizos.

2. Sistema de tratamento: ficheiro mixto (manual e automatizado).

d) Cesións/comunicacións de datos:

– Rexistros públicos.

– Outros órganos da Administración do Estado.

– Outros órganos da comunidade autónoma.

– Deputacións provinciais.

– Outros órganos da Administración local.

– Clubs deportivos e federacións.

– Asociacións e organizacións sen ánimo de lucro.

– Bancos, caixas de aforro e caixas rurais.

– Entidades aseguradoras e sanitarias.

– Comités disciplinarios e de árbitros.

e) Transferencias internacionais previstas a terceiros países: non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio Espazo Económico Europeo.

f) Órganos responsables do ficheiro: Federación Galega de Patinaxe.

g) Servizos ou unidades ante os que poden exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Federación Galega de Patinaxe, rúa Agustín Díaz Sánchez, nº 3, 15008 A Coruña.

h) Nivel de seguridade do ficheiro: nivel alto.