Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31497

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cooperativa Farmacéutica Gallega, Cofaga, S. Coop. Gallega

ACORDO de fusión.

En cumprimento do artigo 62.3 do Decreto 123/2014, do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 14/2011, do 23 de decembro, de sociedades cooperativas andaluzas, e do artigo 78.1.c) da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, anúnciase que as asembleas xerais de socios e socias da Cooperativa Farmacéutica Gallega, Cofaga, S. Coop. Gallega (sociedade absorbida), e de Bida Farma, S. Coop. And. (sociedade absorbente) celebradas o 13 de maio de 2017 e o 17 de xuño de 2017, respectivamente, acordaron aprobar a fusión por absorción da Cooperativa Farmacéutica Gallega, Cofaga, S. Coop. Gallega por parte de Bida Farma, S. Coop. And., con extinción, vía disolución sen liquidación, da primeira e transmisión en bloque de todo o seu patrimonio á absorbente, polo que esta última adquire, por sucesión universal, a totalidade dos dereitos e obrigas da absorbida.

Todo isto de acordo cos termos e condicións establecidos no proxecto de fusión subscrito conxuntamente e aprobado, como convenio previo, polos consellos reitores da sociedade absorbente e a sociedade absorbida no mes de marzo de 2017, cuxas sinaturas foron debidamente lexitimadas perante o notario de Madrid Francisco Miras Ortiz o 4 de abril de 2017 e que, adicionalmente, foi posto á disposición de todos os socios e socias desde o momento da convocatoria das respectivas asembleas xerais.

Conforme o recollido na lexislación vixente e en concreto nos termos establecidos na Lei 14/2011, do 23 de decembro, de sociedades cooperativas andaluzas, e o Decreto 123/2014, do 2 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento de desenvovlemento, e a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento, déixase expresa constancia do dereito que asiste aos acreedores da sociedade absorbida e da sociedade absorbente a se opoñeren á fusión, así como o dereito de separación dos socios e socias.

A Coruña, 19 de xuño de 2017

Miguel Reviejo Ares
Presidente do Consello Reitor de Cooperativa Farmacéutica Gallega,
Cofaga, Sociedad Cooperativa Gallega