Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31492

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO da conta xeral orzamentaria correspondente ao exercicio de 2016.

Conta xeral orzamentaria correspondente ao exercicio de 2016.

Rendida a conta xeral para o exercicio de 2016 e ditaminada pola Comisión Especial de Contas, en sesión do 30 de maio de 2017, esta xunto co ditame e documentos que a xustifican expóñense ao público, na Secretaría-Intervención da Mancomunidade, por un prazo de quince (15) días hábiles que se computarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante os cales, e oito días máis, os interesados poderán formular por escrito as reclamacións, reparos ou observacións que xulguen oportunas, tal e como se sinala no artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Portomarín, 1 de xuño de 2017

Juan Carlos Serrano López
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés