Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31422

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO de notificación de sentenza (4691/2016).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4691/2016

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 270/2016 Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente: Carlos Gómez Lorenzo

Avogado: Roque Méndez Robleda

Recorridos: Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Talleres Antela, S.A.

Avogado: Antonio Taboada Oterino

Procuradora: Fernanda Tejada Vidal

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4691/2016 desta sección, seguido por instancia de Carlos Gómez Lorenzo contra Allianz Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A., Talleres Antela, S.A., sobre outros dereitos. seg. social, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Roque Méndez Robleda, actuando en nome e representación de Carlos Gómez Lorenzo, contra a sentenza do 1 de setembro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en autos número 270/2016 seguidos por instancia da recorrente contra a empresa Talleres Antela, S.A., e a aseguradora Seguros Allianz, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións” ou “concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en legal forma a Talleres Antela, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña, o 15 de maio de 2013.

A Coruña, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza