Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31420

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4332/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4332/2015 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Francisco Javier Vidal Buján, Tian Boats, S.L., Estaleiros do Norte Embarcações Profissionais e Desportivas, LDA sobre despedimento disciplinario, ditouse en data 5 de abril de 2017 pola Sala do Social do Tribunal Supremo a seguinte resolución:

«Fallo: por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:

1. Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo avogado do Estado.

2. Confirmar a sentenza ditada o 25 de xaneiro de 2016 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación número 4332/2015, que resolveu o formulado contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, de data 21 de maio de 2015, recaída en autos número 127/2015, seguidos por instancia de Francisco Javier Vidal Buján, contra Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento.

3. Impoñer as custas á recorrente.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estaleiros do Norte Embarcações Profissionais e Desportivas, LDA, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza