Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31424

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (874/2016).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento xuízo ordinario número 874/2016 seguido por instancia de Emilio Brustenga Regard fronte a César Torné Vázquez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e fallo son do tenor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 14 de marzo de 2017

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 874/2016, promovidos por Emilio Brustenga Regard, representado polo procurador Torres Goberna e asistido do letrado Méndez Torres, contra César Torné Vázquez, en situación procesual de rebeldía.

Fallo:

Estimando integramente a demanda promovida pola representación de Emilio Brustenga Regard contra César Torné Vázquez, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 11.500 euros, máis os xuros legais desde a data da venda (22 de outubro de 2013), e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que haberá de interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado, César Torné Vázquez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 25 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza