Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31129

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2626/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2626/2016 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Famoga, S.L. e Talleres Unaval, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou con data do 31 de maio de 2017, a seguinte resolución:

Emprácense as partes para que comparezan mediante escrito de letrado, perante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Remítase edicto ao Diario Oficial de Galicia (DOG) para o emprazamento de Famoga, S.L. e de Talleres Unaval, S.L.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Vigo que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Famoga, S.L. e a Talleres Unaval, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza