Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31127

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4942/2016 MRA).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4942/2016 desta sección, seguido por instancia de Jesús Crespo Fernández sobre accidente, se ditou a seguinte resolución: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante Jesús Crespo Fernández ditada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo nos autos nº 553/2014 e 985/2015 seguidos por instancia do traballador Jesús Crespo Fernández e da Mutua Fremap contra as demandadas Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Minorsa Minería Ornamental, S.A., Canteras Vilafría, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Blockgandara, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Esteban Oliveira González, Serafín Santos Rodríguez, Juan Carlos Valencia Leirós, Domingo González Vaqueiro, Manuel Martínez Vila, Ana María García Pérez, Extraga, S.L., Granitos Gándaras, S.L., Granitos Salvaterra, C.B., Granitos González y Nogueiras, S.L., Granitos Fernández y González, S.L., Rocas Europeas de Construcción, S.A., Usuvar Galicia, S.L., Weld Galicia, S.L.U., Granitos Martínez, S.A., Avelino Muñoz Rodríguez, Manuel Vaqueiro, S.L., Francisco Lemos Romero, S.L., sobre enfermidade profesional, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Valencia Leiros Juan Carlos, Olmeira González Esteban, González, Extraga, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Francisco Lemos Romero, S.L., Granitos Gándaras, S.L., Granitos Salvaterra, C.B., Granitos González y Nogueiras, S.L., Granitos Fernández y González, S.L., Rocas Europeas de Construcción, S.A., K Usuvar Galicia, S.L., Weld Galicia, S.L.U. en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 26 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza