Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31131

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (586/2016).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, por este edicto fago constar que na peza de apelación 586/2016, dimanante de procedemento de xuízo verbal sobre alimentos número 574/2015 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, esta sección ditou Sentenza do 29 de maio de 2017 en que se desestima o recurso de apelación interposto por Carlos Daniel Agulla González e se confirma a sentenza ditada en primeira instancia, cuxo texto íntegro está nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe interpoñer recurso de casación por interese casacional ou, de ser o caso, extraordinario por infracción procesual, no prazo dos vinte (20) días hábiles seguintes ao da notificación, por medio de escrito con sinatura de letrado e procurador, que se presentará ante esta sección.

Para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a Carlos-Manuel Agulla Rodríguez, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino este edicto.

Vigo, 6 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza