Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31132

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (387/2016).

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento divorcio contencioso seguido por instancia de María Dolores Perol González fronte a Mumuni Yakubi ditouse sentenza, cuxo tenor literal é o seguinte:

«Sentencia número 212/2017.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017.

Vistos por min Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial o presente xuízo de divorcio número 387/2016 promovido polo procurador Regueiro Muñoz en nome e representación de María Dolores Perol González asistida do letrado Nogueira Pol fronte a Mumuni Yakubi maior de idade salientado en autos con número de pasaporte H2306845 declarado en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorrer fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio (...).

Fallo:

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador Regueiro Muñoz en nome e representación de María Dolores Perol González asistida do letrado Nogueira Pol fronte a Mumuni Yakubi maior de idade salientado en autos con número de pasaporte H2306845 declarado en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorrer fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes en data 2 de xullo de 2011, en Ames, inscrito no Rexistro Civil desa localidade ao tomo 32, páxina 201, sección segunda, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorrido máis de tres meses de matrimonio.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación de depósito previsto na D.A. 15ª da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primera Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Mumuni Yakubi, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza