Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30457

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (920/2014).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 920/2014, sendo parte nel, dun lado, como demandante, Miriam López Lago, asistida polo letrado Sr. Martínez Vázquez, e doutro, como demandada, a empresa Alquileres y Servicios Educativos, S.L., que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

«Decisión.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Miriam López Lago fronte á empresa Alquileres y Servicios Educativos, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Alquileres y Servicios Educativos, S.L. a aboarlle a Miriam López Lago a cantidade de mil seiscentos noventa e sete euros con noventa e tres céntimos de euro (1.697,93 euros); os conceptos salariais devindican o xuro moratorio do 10 % previsto no artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

A Coruña, 18 de abril de 2017