Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (113/2017).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 113/2017, nos cales son parte, dun lado como demandante Manuel Santos Miñones, asistido polo letrado Sr. Pérez López e, doutro, como demandada, a empresa Construcor Construcción y Rehabilitación, S.L., que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que tampouco comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

«Decido.

Estimar a demanda formulada por Manuel Santos Miñones contra a empresa Construcor Construcción y Rehabilitación, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Construcor Construcción y Rehabilitación, S.L. ao demandante.

– Condénase Construcor Construcción y Rehabilitación, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 4.499,50 euros, determinando o aaboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento a razón de 56,42 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal basta a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

A Coruña, 18 de abril de 2017