Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30452

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (253/2016).

F02 Familia, garda, custodia alimentación fillo menor non matrimonio NO C 253/2016

Sobre: outras materias

Demandante: Gheorghe Marian Curt

Procurador: Luis Edelmiro Lalín González

Avogada: Ana Coego Pampín

Demandada: Maruta Ramona Rohr

Eu, Myriam de Mata Schick, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento F02 garda custodia e alimentos número 253/2016, seguido por instancia de Gheorghe Marian Curt fronte a Maruta Ramona Rohr, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Lalín, 10 de maio de 2017.

Xuíz: Gonzalo Sans Bicada.

Demandante: Gheorghe Marian Curt.

– Procurador: Luis Edelmiro Lalín González.

– Letrada: Ana Coego Pampín.

Demandada: Maruta Ramona Rhor (en situación de rebeldía procesual).

Ministerio Fiscal.

Obxecto: garda, custodia e alimentos.

Decisión:

Estimo parcialmente a demanda presentada por Gheorghe Marian Curt fronte a Maruta Ramona Rhor e, en consecuencia, acordo a aplicación das seguintes medidas relativas á garda, custodia e alimentos da filla común menor de idade, Alexandru Ionut Curt:

1) O exercicio conxunto da patria potestade sobre o menor por ambos os proxenitores. Este exercicio conxunto supón que as decisións importantes relativas á menor serán adoptadas por ambos os proxenitores de mutuo acordo e, en caso de discrepancia, resolverá o xulgado conforme o trámite previsto no artigo 156 do Código civil. A título indicativo son decisións incluídas no ámbito da patria potestade as relativas ás seguintes cuestións: a) Cambio de domicilio do menor fóra do municipio de residencia habitual e traslado ao estranxeiro, salvo viaxes vacacionais; b) Elección inicial ou cambio de centro escolar; c) Determinación das actividades extraescolares ou complementarias; d) Celebracións sociais e relixiosas de relevancia (bautismo, primeira comuñón e similares noutras relixións); e) Actos médicos non urxentes que supoñan intervención cirúrxica ou tratamento médico de longa duración ou psicolóxicos.

2) Atribúeselle a garda e custodia do fillo menor, Alexandru Ionut Curt, a Gheorghe Marian. Maruta Ramona poderá estar na compaña do seu fillo unicamente da maneira que pacte co pai, Gheorghe Marian.

3) Establécese a favor do fillo menor e a cargo de Maruta Ramona Rhor unha pensión mensual de alimentos de 120 euros, que deberá ser ingresada por Maruta Ramona dentro dos 5 primeiros días de cada mes na conta bancaria determinada por Gheorghe Marian, e actualizarase anualmente conforme as variacións do IPC.

Os gastos extraordinarios deberán ser afrontados por metade entre ambos os proxenitores; merecen tal consideración os gastos médicos, farmacéuticos e asistenciais non cubertos polo réxime público de saúde, os derivados de actividades extraescolares e calquera outro de análoga natureza. A reclamación da parte correspondente dos gastos extraordinarios exixirá coñecemento previo e consentimento manifestado polo outro cónxuxe, salvo situacións de urxencia.

Non procede a condena en custas de ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte á notificación daquela. Para a interposición do dito recurso deberá acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimiento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Bicada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín».

E ao estar a dita demandada, Maruta Ramona Rohr, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 24 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza