Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30450

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (252/2016).

Eu, Eduardo Paredes Simón, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 252/2016, seguido por instancia de Friolisa, S.A. fronte a Sarrianito, S.C.P., María Lence Somoza ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Betanzos, 22 de marzo de 2017

Vistos por min, Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, os presentes autos de xuízo verbal, con número 252/2016, seguido por instancia da mercantil Friolisa, S.A., representada polo procurador Sr. Pedreira del Río e baixo a dirección letrada do Sr. Solsona i Tortosa, contra a sociedade Sarrianito, S.C.P. e María Lence Somoza, declarados en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo integramente a pretensión exercida pola mercantil Friolisa, S.A., fronte á sociedade Sarrianito, S.C.P. e María Lence Somoza, e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a estes últimos a aboar á mercantil demandante a suma de 3.021,99 euros, máis os xuros correspondentes con base nos criterios establecidos no artigo 7 da Lei 3/2004 de loita contra a morosidade.

Todo iso con expresa imposición de custas á parte codemandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra a ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta a miña sentenza, da que se unirá certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos e o seu partido xudicial».

E atopándose devandito demandado, Sarrianito, S.C.P. e María Lence Somoza, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Betanzos, 22 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza