Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30448

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (570/2013).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste procedemento se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza nº 646.

En Vigo o 27 de outubro de 2014.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 570/2013, sobre garda e custodia e alimentos respecto de filla menor de idade, por instancia de Eva Cristina Rocha Penido, representada polo procurador dos tribunais Manuel Rodríguez Nieto e con asistencia letrada de Miguel Ángel González-Besada Piñeiro, contra Ricardo Ariel Cáceres Morris, declarado en situación procesual de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base no seguinte:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolvo:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais, Sr. Rodríguez Nieto, en nome e representación de Eva Cristina Rocha Penido, como demandante, contra Ricardo Ariel Cáceres Morris, declarado en situación procesual de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúeselle á Sra. Rocha Penido, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre a súa filla.

Segundo. O Sr. Cáceres Morris satisfará en concepto de alimentos a favor da súa filla a cantidade de 150 euros mensuais, que serán ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a nai e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezos de consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Terceiro. Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, entre os cales se inclúen os médicos non cubertos pola Seguridade Social e non comprenderán os libros e material escolar, matrículas, uniformes, comedor, transporte nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento sobre as custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días a partir da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos.

Para que conste e para a súa notificación a Ricardo Ariel Cáceres Morris, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto.

Vigo, 31 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza