Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30459

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (945/2014).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 945/2014, nos cales son parte, dun lado, como demandante, Rocío Coto Brea, asistida polo letrado Sr. Pena Díaz e, doutro, como demandado, Mais Galicia, Sociedad Cooperativa Gallega, que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre reclamación de cantidade pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

«Decido.

Estimar a demanda formulada por Rocío Coto Brea contra Mais Galicia, Sociedad Cooperativa Gallega con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Mais Galicia, Sociedad Cooperativa Gallega a aboar a Mais Galicia, Sociedad Cooperativa Gallega a cantidade de mil trescentos corenta e sete euros cun céntimo de euro (1.374,01 euros) producindo os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se for o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e débese anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal baasta a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.»

A Coruña, 25 de abril de 2017