Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29609

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1046/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1046/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Tasende Mata contra Cárnicas Santo Estevo, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

Sentenza: 288/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento nº 1046/2016

Demandante: Manuel Tasende Mata

Letrado: Sr. Pena Díaz

Demandado: Cárnicas Santo Estebo

Letrado: Fogasa

Sentenza 288/2017.

A Coruña, 18 de maio de 2017.

Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Tasende Mata fronte a Cárnicas Santo Estevo, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente ao traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo isto con aboamento, no caso de optar pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido este prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 8.057,20 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de optar pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 33,54 euros/día.

3º. O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Cárnicas Santo Estebo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza