Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29611

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1255/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1255/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esperanza Deus Souto contra Placas Balsán, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

Sentenza: 287/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 1255/2014

Demandante: Esperanza Deus Souto

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís.

Demandados: Placas Balsán, S.L. e o Fogasa

A Coruña, 18 de maio de 2017

Resolución:

Estimo a demanda formulada por Esperanza Deus Souto fronte á empresa Placas Balsán, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a pagarlle á primeira a suma de 5.197,04 euros.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Placas Balsán, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza