Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29607

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 1142/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1142/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Neira Mahia contra Gonzalo Lara Magnet, empresa Elaborados Metálicos Emesa, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

A Coruña, 16 de maio de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento nº 1142/2016 seguidos ante este xulgado por instancia de María Neira Mahía, asistida do letrado José Nogueira Esmorís, contra Gonzalo Lara Magnet, que non comparece, empresa Elaborados Metálicos Emesa, S.L., representada polo letrado Adrián Núñez Fernández e o Fogasa, que non comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Neira Mahía contra Gonzalo Lara Magnet e declaro improcedente o despedimento da traballadora, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a súa relación laboral coa empresa demandada, con efectos da data da presente resolución, e condeno a empresa a se ater a esta declaración e a aboar á demandante as seguintes cantidades:

– 22.999,76 euros, en concepto de indemnización.

– 8.710,73 euros, en concepto de salarios de trámite.

Que debo absolver e absolvo a empresa Elaborados Metálicos Emesa, S.L. de todas as pretensións deducidas contra ela.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gonzalo Lara Magnet, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza