Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29288

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 979/2015).

DCT divorcio contencioso 979/2015

Procedemento orixe: /

Sobre divorcio contencioso

Demandante: José Martínez Pintos

Procurador: Pedro Andrés Barral Vila

Avogado: Enrique Ameneiro Rodríguez

Demandada: Elisabeth Hernández Saldarriaga

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra,

Anuncio:

Que no presente procedemento, seguido por instancia de José Martínez Pintos contra Elisabeth Hernández Saldarriaga foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 168/17.

Pontevedra, 2 de maio de 2017.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, magistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co nº 979/15, no cal é parte demandante José Martínez Pintos, representado polo procurador Pedro Andrés Barral Vila e asistido do letrado Enrique Ameneiro Rodríguez, e como parte demandada Elizabeth Hernández Saldarriaga, declarada en rebeldía procesual,

Decido:

Estimar a demanda presentada polo procurador Pedro Andrés Barral Vila en nome e representación de José Martínez Pintos, contra Elizabeth Hernández Saldarriaga, en rebeldía procesual e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes en Pontevedra, o 17 de abril de 1999, que foi inscrito no tomo 00113, páxina 397 da sección 2ª do Rexistro Civil de Pontevedra, con todos os efectos legais que a dita declaración leva unida. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tiveren outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal. Todo isto sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao rexistro civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Pontevedra.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá preparar dentro dos cinco días seguintes á súa notificación ante este xulgado e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nela indicados. Dou fe».

E atopándose a citada demandada, Elisabeth Hernández Saldarriaga, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 2 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza