Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29290

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (304/2014).

Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de María Elisabeth Bouzas Lopo fronte a Nilson Barbosa de Almeida ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de nulidade, seguidos ante este xulgado co número 304/2014, en que é parte demandante María Elisabeth Bouzas Lopo, representada pola procuradora Francisca María Rodríguez Ambrosio e asistida do letrado Antonio Calvar Carballo Pérez, e como parte demandada Nilson Barbosa de Almeida, declarado en rebeldía procesual. Comparece o Ministerio Fiscal».

«Resolución

Estimo parcialmente a demanda presentada pola procuradora Francisca María Rodríguez Ambrosio, en nome e representación de María Elisabeth Bouzas Lopo, contra Nilson Barbosa de Almeida, en rebeldía procesual, e en consecuencia declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día 9 de febreiro de 2006, inscrito no Rexistro Civil Consular de Salvador de Baía, libro 13, páxina 450 da sección 2ª, con todos os efectos legais que a dita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se outorgaren. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

Non procede fixar ningunha pensión compensatoria.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao rexistro civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil Consular de Salvador de Baía.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse dentro dos cinco días seguintes á súa notificación ante este xulgado e que se substanciará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data indicados nela. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Nilson Barbosa de Almeida, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 11 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza