Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29285

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (F02 1083/2014).

Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de justicia, do Xulgado Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento familia, garda, custodia e alimentos 1083/2014 seguido por instancia de Vanesa Barbo González fronte a David Seoane Calvar ditouse sentenza, cuxo fallo é do tenor literal seguinte:

«Fallo.

Estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Natalia Troitiño Abalo en nome e representación de Vanesa Barbo González contra David Seoane Calvar, en rebeldía procesual e con intervención do Ministerio Fiscal, acordando a adopción das seguintes medidas, que quedaron recollidas no soporte de gravación da vista de data 23 de marzo de 2017 que seguen por transcrición, sen facer expresa imposición das custas:

1. A filla Carla Seoane Barbo quedará baixo a garda e custodia da nai, sen prexuízo da patria potestade compartida por ambos os proxenitores.

2. Establecer a favor do pai non custodio o seguinte réxime de visitas:

a) O pai gozará coa menor as fins de semana alternas desde o venres ás 20.00 horas ao domingo ás 18.00 horas. Os días festivos inmediatamente anteriores ou posteriores a fin de semana serán gozados polo proxenitor a quen corresponda a devandita fin de semana.

b) En canto ás vacacións:

Semana Santa. Gozarase por completo con cada un dos proxenitores e de forma alterna, desde o día seguinte ao que a menor inicie as súas vacacións ás 10.00 horas ata as 16.00 horas do día inmediatamente anterior a que comece o curso escolar. Nos anos pares corresponde as vacacións de Semana Santa á nai e os anos impares ao pai.

Durante o verán: incluiranse os meses de xullo e agosto por quincenas gozándose de forma alterna, resultando as seguintes quincenas:

– Do 1 de xullo ás 11.00 horas ao 15 de xullo ás 20.00 horas.

– Do 15 de xullo ás 20.00 horas ao 31 de xullo ás 20.00 horas.

– Do 31 de xullo ás 20.00 horas ao 15 de agosto ás 20.00 horas.

– Do 15 de agosto ás 20.00 horas ao 31 de agosto ás 20.00 horas.

Os anos pares correspóndelle á nai o primeiro período e ao pai o segundo período e nos anos impares á inversa.

Durante o nadal, desde o día 22 de decembro ás 10.00 horas ata o 30 de decembro ás 20.00 horas e desde esta data ata as 20.00 horas do día 7 de xaneiro. Corresponderá a primeira metade ao pai nos anos impares e a segunda metade nos anos pares e á nai á inversa.

3. Fixar unha pensión de alimentos de 400 euros, cantidade que deberá ser ingresadas dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta designada pola nai e que se actualizará á alza segundo variacións do índice de prezos ao consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional de Estatística ou ourganismo que lle substitúa. Ademais o pai abonará o 50 % de gastos extraordinarios dentro dos que se inclúen, en todo caso, gastos médicos e farmacéuticos non cubertos polo sistema público e os demais gastos, sempre que medie previa consulta do proxenitor custodio ao non custodio sobre conveniencia e/ou necesidade do gasto (salvo supostos excepcionais e urxentes en que iso non sexa posible) e acordo de ambos -de forma expresa antes de facerse o desembolso- ou na súa falta autorización xudicial.

Dada a natureza do presente procedemento non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes e ao Ministerio Fiscal, ás que se advirte de que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días que se contarán desde a súa notificación, que se substanciará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo, e asínoo».

Publicación. A anterior resolución, foi lida, e publicada, polo maxistrado xuíz que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe.

E atopándose o devandito demandado, David Seoane Calvar, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 7 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza