Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28888

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (682/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 682/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Ángeles Garrido Cachafeiro contra Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández e Fogasa sobre ordinario, se ditou Sentenza 293/2017 do 16 de maio de 2017, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 682/2015 sendo parte neste, como demandante, Ángeles Garrido Cachafeiro, asistida pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, e como demandados, Alonso Madroño Fernández e a entidade Inkjet 10, S.L., que non comparecen, malia a súa citación en legal forma, o mesmo que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decido

Estímase a demanda interposta por María Ángeles Garrido Cachafeiro fronte a Alonso Madroño Fernández e a entidade Inkjet 10, S.L. e, en consecuencia, condénanse solidariamente os demandados a aboarlle á demandante a cantidade de 1.635,71 euros e condénase a Alonso Madroño Fernández a aboarlle á demandante a cantidade de 2.1719,35 euros. A cantidade de 4.080,86 euros, obxecto de condena, será incrementada no 10 % de xuro por amora, e á cantidade de 274,20 euros de indemnización por cesamento é de aplicación, en materia de xuros, o artigo 576 da LAC. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que no momento de anuncialo a parte acredite que non posúe o carácter de traballador ou habente causa súa ou beneficiaria do réxime público de seguridade social ou non goza do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena; a consignación en metálico poderá substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Inkjet 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza