Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza do 17 de febreiro de 2017 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Quinta do Tribunal Supremo.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, con data do 17 de febreiro de 2017, ditou sentenza no recurso de casación 1125/2016, contra a sentenza pronunciada con data 21 de xaneiro de 2016 pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 4170/2013, interposto por Juan Manuel Brea Chapado. Esta sentenza, que devén firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«1º. Que debemos declarar e declaramos que procede o recurso de casación 1125/2016, interposto por Juan Manuel Brea Chapado, contra a Sentenza ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 21 de xaneiro de 2016, no recurso contencioso-administrativo 4170/2013, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Verín (Ourense).

2º. Que debemos anular e anulamos e casamos a citada sentenza.

3º. Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo 4170/2013, formulado por Juan Manuel Brea Chapado contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 7 de decembro de 2012, pola que foi definitivamente aprobado o Plan xeral de ordenación municipal de Verín.

4º. Que declaramos a dita orde e o Plan xeral de ordenación urbana de Verín, aprobado por ela, contrarios ao ordenamento xurídico e, en consecuencia, anulámolos.

5º. Que non facemos expresa imposición das custas causadas na instancia e en casación.

6º. Publíquese a resolución desta sentenza no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos no artigo 72.2 da Lei xurisdicional 29/1998, do 13 de xullo».

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo