Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28886

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 42/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 42/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Gómez Gesto contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza o 16 de maio de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 42/2016, en que son parte, como demandante, Iván Gómez Gesto, asistido pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, e, como demandado, Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Iván Gómez Gesto fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar ao demandante a cantidade de 67,84 euros, incrementados no 10 % de xuro por demora, así como a cantidade que por iguais conceptos se devindique durante o período de vacacións de 2015 mentres concorran iguais circunstancias ás de 2014. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza