Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28884

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 767/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 767/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fabián Gegunde Mosquera contra Irmandade TV e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a Sentenza 294/2017, do 16 de maio de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 767/2015, en que son parte, como demandante, Fabián Gegunde Mosquera, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado e, como demandada, a empresa Irmandade TV, que non comparece malia a súa citación en legal forma ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes

Resolución

Estímase a demanda interposta por don Fabián Gegunde Mosquera fronte a Irmandade TV e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 4.992,51 euros, en concepto de salarios debidos, cos xuros do artigo 29.3 do ET por demora, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que no momento de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou non sexa beneficiaria do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no apartado 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Irmandade TV, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza