Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28471

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1061/2014).

María Adelaida Egurbide Margañon, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1061/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fernando Olivera Corbo contra a empresa Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L. con intervención de Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

Na Coruña o 20 de marzo de 2017.

Vistos por María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 1061/2014, seguidos por instancia de Fernando Olivera Corbo, asistido polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra a entidade Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que o demandante antes citado formulou demanda o 17 de outubro de 2014, contra a demandada xa mencionada, na cal despois de expoñer os feitos e fundamentos que considerou pertinentes remataba suplicando que se dite sentenza pola que se estime integramente a demanda e condene a empresa demandada conforme o suplico desta, que damos aquí por integramente reproducido.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda, convocáronse as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, que ratificou a súa demanda, non comparecendo a demandada, malia ter sido citada en legal forma. Recibido o xuízo a proba polas partes propúxose interrogatorio de parte e documental. Logo de declaración de pertinencia, uníronse os documentos aos autos, co resultado que consta nestes. Seguidamente, a parte demandante fixo uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Decido

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fernando Olivera Corbo contra a empresa Grupo R Rehabilitacións 2013, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 4.434,98 euros.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L. e ao seu administrador único José Hipólito Suárez Lema, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza