Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28469

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo

EDICTO (400/2015).

Divorcio contencioso 400/2015

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Darío Massiolo Bicca

Procurador: José Luis Chouciño Mourón

Demandada: Flavia Carina Busti Mieres

Cédula de notificación

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do tenor literal seguinte:

«Vistos por min, Iván Barallobre Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo, os presentes autos de xuízo de divorcio seguidos co número 400/2015, por instancia de Washington Darío Massiolo Bicca, representado polo procurador Sr. Chouciño Mourón e asistido polo letrado Sr. Arán Vecino, contra Flavia Carina Busti Mieres, en situación procesual de rebeldía, sen a intervención do Ministerio Fiscal, ao non existiren fillos menores ou incapaces, ditouse a seguinte sentenza en nome da súa maxestade o rei.

Decido que, estimando a demanda presentada por Washington Darío Massiolo Bicca, representado polo procurador Sr. Chouciño Mourón e asistido polo letrado Sr. Arán Vecino, contra Flavia Carina Busti Mieres, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Flavia Carina Busti Mieres e Washington Darío Massiolo Bicca, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Non se impoñen as custas a ningunha das partes.

Firme que sexa esta resolución, remítase testemuño desta ao encargado do Rexistro Civil da Coruña, co fin de que se practique a correspondente inscrición marxinal no asento de inscrición do matrimonio.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme senón que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, para a súa resolución ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Iván Barallobre Sánchez. Maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo e o seu partido xudicial».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Flavia Carina Busti Mieres, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Carballo, 18 de maio de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza