Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28467

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (526/2016).

Paula Andrea Arango Campuzano, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento de modificación de medidas contenciosas, seguido por instancia de Juan José Blanco González fronte a María Elena Rodríguez Conde, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 376/2017

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 5 de abril de 2017.

Vistos os presentes autos número 526/2016, sobre modificación de medidas, promovidos pola procuradora Sra. Ogando Vázquez, en nome e representación de Juan José Blanco González como demandante, asistido pola Sra. Pazos, fronte a María Elena Rodríguez Conde, que foi declarada en rebeldía.

Resolución

Estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Ogando, en nome e representación de Juan José Blanco González fronte a María Elena Rodríguez Conde, e modifico a sentenza de divorcio ditada o 2.6.2011 nos autos número 586/2011, no sentido de que se atribúe o uso e desfrute do domicilio conxugal sito na rúa Vinteún, nº 27, 1º D, de Ourense (cuxos anexos son praza de garaxe e rocho), ata a definitiva liquidación da sociedade de gananciais, ao demandante, debendo asumir os gastos de consumos.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe preparar, no prazo de cinco días, recurso de apelación (artigo 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, para o que se debe constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a

E encontrándose a devandita demandada, María Elena Rodríguez Conde, en rebeldía e en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Ourense, 6 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza