Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28473

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 203/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 203/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Luis Prieto Galiñanes contra a empresa Nurtime, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, Residencia de Mayores 2013, S.L., Estilo y Moda Dos Andando, S.L., Viajes Silgar, Yanick Vigo, S.L., Núñez Enrique Martínez, Administración concursal de Nurtime SL, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Decido:

Desestimo a demanda formulada por Luis Prieto Galiñanes fronte a Viajes Silgar, S.A, Nurtime S.L.U, Residencia de Mayores 2013, S.L., Estilo y Moda Dos Andando, S.L, e fronte a Enrique Martínez Núñez e absolvo os demandados da pretensión dirixida fronte a eles.

Con intervención da Administración concursal de residencia de maiores 2013 e do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes a Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes aos da notificación desta sentenza, debendo de consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co numero 5081 especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, se ben puiden procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, o pronuncio, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Estilo y Moda Dos Andando SL, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza