Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 5/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 5/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Díaz Santos contra Maruchi 2008 Peluquería, S.L., Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, vinte e dous de maio de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito.

Primeiro. María del Carmen Díaz Santos presentou demanda de execución fronte a Maruchi 2008 Peluquería, S.L., Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez e Fogasa.

Segundo. Ditouse auto con data do 13 de xullo de 2016 declarando extinguida a relación laboral que unía a María del Carmen Díaz Santos con Maruchi 2008 Peluquería, S.L., Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño e Aroa Chaudarcas Martínez, condenando a María del Carmen Díaz Santos con Maruchi 2008 Peluquería, S.L., Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño e Aroa Chaudarcas Martínez solidariamente a aboar a María del Carmen Díaz Santos a suma de 3.999,60 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 11.142 euros en concepto de salarios de tramitación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a María del Carmen Díaz Santos.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens abondo do executado nos que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de ser infrutuosas, total ou parcialmente, o letrado da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír ao Fondo de Garantía Salarial e á parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar aos executados Maruchi 2008 Peluquería, S.L., Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, en situación de insolvencia total por importe de 15.141,6 euros en concepto de principal (3.999,60 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 11.142 euros en concepto de salarios de tramitación) e 1.514,16 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndoos saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos desta ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O letrado da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Maruchi 2008 Peluquería, S.L., Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño e Aroa Chaudarcas Martínez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza