Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26582

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 331/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 331/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de la Paz Álvarez Regueiro contra Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Asesoría Técnica Administrativa, S.L., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Herfrán Asesores, S.L., Pérez Fadón Asesores, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, nove de maio de dous mil dezasete.

Antecedentes de feito

Primeiro. María de la Paz Álvarez Regueiro presentou demanda de execución contra Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Fogasa.

Segundo. Foi ditado auto despachando execución en data 3.2.2015 por un total de 6.000 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 600 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Por providencia de data 5.3.2015 a executante presentou escrito solicitando que se sinale comparecencia para incidente de execución e ser citada, ademais de a executada Segaprel, o Fogasa e as entidades Asesoría Técnica Adminstrativa, S.L., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Herfrán Asesores, S.L., Pérez Fadón Asesores, S.L., Malga Servicios Empresariales, S.L., Jorge Pérez Fadón Martínez e Spril Norte, S.L.

Cuarto. Foi ditado auto homologando a transacción atinxida na presente execución por María de la Paz Álvarez Regueiro e Segaprel, S.L., Asesoría Técnica Administrativa, S.L., PFA Prevención de Riesgos Laborales S.A., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Herfrán Asesores, S.L., Pérez Fadón Asesores, S.L., e Spril Norte, S.L., na comparecencia celebrada ante este xulgado no día 30 de abril de 2015.

Quinto. Por dilixencia de ordenación e decreto de data 13.9.2016 procédese respectivamente á reapertura do presente procedemento e ao requirimento de pagamento ás executadas polas cantidades pendentes de aboar.

Sexto. Non se encontraron bens susceptibles de embargo e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a María de la Paz Álvarez Regueiro.

Fundamentos de dereito

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, se non se tiver coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, se foren infrutuosas total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia despois de oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar os executados Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Asesoría Técnica Administrativa, S.L., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Herfrán Asesores, S.L., Pérez Fadón Asesores, S.L., e Spril Norte, S.L. en situación de insolvencia parcial polo importe de 4.800 euros de principal máis 600 euros de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. coa indicación “recurso” no campo do concepto seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel), Asesoría Técnica Administrativa, S.L., PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Herfrán Asesores, S.L., Pérez Fadón Asesores, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza