Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (82/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 82/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Radu contra Ana María García Alonso, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo declarar a executada, Ana María García Alonso, en situación de insolvencia total polo importe de 23.980,26 euros de principal máis outros 2.398,02 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional».

Para que sirva para efectos de publicidade, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza