Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26580

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 62/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 62/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Cruz Bergondo contra a empresa Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., Fogasa, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Sentenza:

A Coruña, 4 de maio de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 62/2015, nos cales son parte, dun lado, como demandante, Juan Manuel Cruz Bergondo, representado pola letrada María Dolores Rodríguez Amoroso, e como demandada Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, despois de expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Juan Manuel Cruz Bergondo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 24.091,60 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis xuros correspondentes.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., e ao seu administrador único José Carlos Rodríguez Portela, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sean auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza