Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26578

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (515/2015).

Celia Rodríguez Arias, letrada da Administración de xustiza, en substitución, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Comunidad de Propietarios Travesía Luis Aguilar 12 Edificio Angoares, Comunidad de Propietarios Travesía Luis Aguilar 1 fronte a Héctor Seijo Méndez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza

En Ponteareas o 1 de xullo de 2016.

Vistos por min, Consuelo Ángela Arenosa Pereira, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade e o seu partido xudicial, os autos de xuízo verbal número 515/2015, promovidos por Comunidad de Propietarios Travesía Luis Aguilar número 12 Edificio Angoares, Comunidad de Propietarios Travesía Luis Aguilar 1, representada pola procuradora dos tribunais Nieves Fernández Suárez e asistida polo letrado José Manuel Rodríguez Álvarez, contra Héctor Seijo Méndez, autos dos cales resultan os seguintes

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Comunidad de Propietarios de Travesía Luis Aguilar número 12, Edificio Angoares, representada pola procuradora dos tribunais Nieves Fernández Suárez, contra Héctor Seijo Méndez, en rebeldía procesual e, en consecuencia, condeno o citado demandado a satisfacer á demandante a cantidade de mil novecentos setenta e nove euros con cincuenta e cinco céntimos (1.979,55 euros), máis os xuros legais e as custas procesuais.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Héctor Seijo Méndez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ponteareas, 24 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza